Unha moza que traballa nunha fábrica do iPhone convértese nunha celebridade na Internet

xoves, 28 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Cando un británico descubriu que no seu novo iPhone 3G había 3 imaxes dunha moza chinesa na cadea de fabricación dos móbiles de Apple non dubidou en subilas a un foro para ver se podía coñecer máis detalles sobre cómo poderían ter chegado esas imaxes ao seu terminal e, coma consecuencia, a traballadora da fábrica de Foxconn en Shenzhen se converteu en toda unha celebridade da Internet (que incluso conta cunha web dende a que se fai un seguimento das mencións á «moza do iPhone» nos medios dixitais).
Un xornal chinés asegura que despois de que tras probar a cámara do iPhone quedasen as imaxes na súa memoria accidentalmente a empresa responsable decidiu non tomar medidas disciplinarias, polo que a rapaza continúa a traballar na fábrica, o que sorprende a moitos, xa que en casos semellantes normalmente se toman medidas drásticas, aínda que a popularidade da rapaza puido xogar ao seu favor.

PUBLICIDADE