Unha fotografía de portada da revista GQ tomouse cun smartphone

martes, 16 de novembro do 2021 Marcus Fernández

Os fabricantes de smartphones presumen en moitas ocasións das cámaras dos seus dispositivos empregándoas para usos nos que habitualmente se utilizaban equipos profesionais, como na gravación de vídeos musicais ou en reportaxes fotográficas, e nesta liña temos a Samsung presumindo da súa asociación con GQ e Pari Dukovic para que a portada de Hombres del Año 2021 de Lil Nas X se tomase cun Samsung Galaxy S21 Ultra 5G.
Esta colaboración non se limita á fotografía de portada da revista, senón tamén a outras fotografías e vídeos exclusivos entre bambolinas durante o evento do Home do Ano que GQ celebrará en Los Ángeles o 18 de novembro.
Lembremos que a cámara do Galaxy S21 Ultra conta cun impresionante sensor de 108 Mpíxeles capaz de capturar fotografías HDR de 12 bits, o que supón un grande nivel de detalle no rexistro da cor, de aí que a fotógrafa Pari Dukovic aceptase traballar con ese móbil para «executar unha sesión de portada moi técnica a través dunha interface doada de usar, mantendo a alta resolución necesaria para unha sesión de portada», salientando Dukovic a «capacidade de capturar as cores de xeito fotográfico», que é unha parte importante do seu traballo.

PUBLICIDADE