Unha ferramenta en liña axúdanos a elixir smartphone con Android

venres, 12 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Elixir un smartphone novo non é unha tarefa doada, e para facilitar a escolla dende Google lanzan unha nova páxina web orientada ao público norteamericano (aínda que pode resultar de utilidade para usuarios de todo o mundo) na que, en base a uns criterios da nosa elección, o sistema realizarasnos unha serie de suxestións destacando as características máis salientables dos smartphones que máis se axustarían ás nosas necesidades, facilitando a súa comparación.
Para recomendarnos o smartphone con Android máis atinado para nós podemos elixir os usos que máis nos interesan, como as fotografías, a reprodución de música ou vídeo, o uso de redes sociais, o práctica deportiva, o uso en mobilidade, as chamadas de voz, a mensaxería... e tras responder a sinxelas preguntas presentaránsenos varios terminais para comparar segundo o operador que teñamos (elemento que deberiamos obviar no caso de empregar esta ferramenta dende España).

PUBLICIDADE