Unha extensión de Chrome camufla o uso de Netflix

luns, 8 de xullo do 2019 Marcus Fernández

Para os usuarios que queren poder ver películas e series de televisión durante a súa xornada laboral, simulando que están en plena videoconferencia, chega unha orixinal extensión para Google Chrome chamada Netflix Hangouts, que incorpora un botón ao navegador web que, se estamos a reproducir un contido de Netflix, permite reducir o tamaño do vídeo á cuarta parte da pantalla, para que o resto da pantalla quede ocupado por imaxes de participantes dunha videoconferencia, simulando así un contorno laboral produtivo.
Unha mirada atenta poderá decatarse de que unha das fiestras da conversa de vídeo é unha produción audiovisiual, pero para certos espazos este xeito que disimular pode resultar bastante convincente, e chega da man de Mschf Internet Studios, equipo coñecido polas súas orixinais creacións, como Tabacotchi, unha especie de Tamagotchi que morre se abrimos moitas pestanas en Chroem; insomnobot-3000, un bot para facer compaña aos insomnes; ou Away Mode, unha skill para que os altofalantes Amazon Echo emitan distintos sons para simular que hai xente na casa.

PUBLICIDADE