Unha campaña promocional resucita a idea do Robinson dixital

venres, 21 de setembro do 2007 Marcus Fernández

En 2001 a revista Quo meteu a unha persoa nun piso baleiro coa única compaña dun ordenador conectado á Rede e unha tarxeta de crédito para comprobar se sería posible sobrevivir durante 1 meses dese xeito. O proxecto Robinson Quo rematou con éxito aínda que con non poucas dificultades, e agora, a axencia de comunicación OgilvyOne parece querer emular tal iniciativa co seu Desafío Digital, que aínda que ten unha duración inferior á da anterior experiencia (10 días) engade o reto de non contar con cartos, de xeito que o protagonista ten que procurar buscarse a vida dende unha habitación de hotel en Barcelona.
Ademais, o participante tamén deberá conseguir retos que lle van propondo, como saír na televisión ou conseguir entradas para o concerto de Police, mentres publica as súas vivencias nun blog e en YouTube.
Daniel Billy Mucarsel é a persoa que ten que pasar por tales penurias e illamento, co que a axencia de comunicación organizadora pretende promocionar o congreso Verge 2007.

PUBLICIDADE