Unha broma está a levar ao bloqueo de contas de Twitter

mércores, 27 de marzo do 2019 Marcus Fernández

Nos últimos días difundiuse bastante unha broma que consistía en convidar aos usuarios de Twitter a mudar a data de nacemento do seu perfil de usuario ao ano 2007 para supostamente «desbloquear novas cores» para a configuración do perfil, cando iso o que provoca realmente é que o usuario figure cunha idade inferior aos 13 anos, co conseguinte bloqueo da súa conta.
Tal é o impacto da broma que dende Twitter tiveron que saír a alertar do asunto, e actualmente están a remitir aos afectados instrucións para poder solucionar o problema.
As datas de nacemento falsas son un grande problema para as redes sociais e, de feito, moitas contas tamén foron bloqueadas hai tempo ao detectarse que a súa creación foi anterior a que os usuarios tivesen 14 anos, de xeito que a aceptación das condicións do servizo realizada inicialmente non era válida.

PUBLICIDADE