Unha aplicación permite sincronizar o iPhone por Wi-Fi
venres, 14 de maio do 2010
O programador
Greg Hughes desenvolveu unha aplicación para o iPhone que permite sincronizar
os contidos do móbil de Apple a través de Wi-Fi, de xeito que, sen conectar
fisicamente o dispositivo ao ordenador engánase
a iTunes para actualizar os contidos entre o ordenador e o móbil, o que era
unha prestación demandada polos usuarios dende hai moito tempo, pero que finalmente
Apple rexeitou incluÃla na App Store, o que levou a Hughes a comercializala
por 9,99 dólares a través de Cydia, unha tenda de aplicación
dispoñible nos terminais de Apple aos que se fixo jailbreak.
Polo momento Wi-Fi Sync só está dispoñible
para equipos con Mac OS X, nos que hai que instalar unha aplicación cliente que
é a que establece a comunicación entre o móbil e o ordenador, estando en
desenvolvemento unha versión para Windows que estarÃa dispoñible en entre 8 e
10 semanas.
Resulta rechamante que Apple non permite que os usuarios do iPhone poidan gozar
oficialmente dunha prestación que
demandaban dende o lanzamento do seu produto (e que permiten dispositivos da
competencia coma o Zune HD de Microsoft), polo que non serÃa de sorprender que
futuras actualizacións do iPhone incluÃsen tal funcionalidade. Estariamos asÃ
nun deses casos nos que a
polÃtica de aprobación de aplicacións de Apple resulta polémica, pois
Wi-Fi Sync non infrinxe as normas da
tenda de aplicacións directamente, senón que a desculpa para rexeitala foron motivos de seguridade.
Demostración do funcionamento de Wi-Fi Sync