Unha aplicación para iPad permite coñecer mellor o Castro de Santa Tegra

mércores, 3 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Os castros de Santa Tegra (A Guarda), Ventosa e Coaña (Asturias) gozan xa dunha aplicación de balde para iPad, EduCastro, desenvolvida por GaliPat Servizos Culturais, que permite ver como era a vida nos castros mencionados. A aplicación achega xogos interactivos, e información sobre as comunidades castrexas, a vida cotiá nos castros, a artesanía e as construcións da épica, e explica como a arqueoloxía permite saber todas estas cousas, sendo un interesante recursos didáctico complementario das visitas guiadas.
Esta iniciativa forma parte do proxecto EduCastro, financiado polo Ministerio de Cultura e a Consejería de Cultura do Principado de Asturias e o Concello da Guarda. O proxecto educativo céntrase nos castros do noroeste peninsular e oferta aos centros escolares de Primaria e Secundaria a oportunidade de visitar algúns dos castros a través dun programa de visitas guiadas e obradoiros didácticos.
O proxecto EduCastro complétase cunha plataforma web con aula virtual para que cada docente poida consultar unidades didácticas e recursos para poder traballar co alumnado na aula.

Visita escolar a Santa Tegra

PUBLICIDADE