Unha aplicación para Android engade a detección de localización á identificación de chamada

mércores, 29 de outubro do 2008 Marcus Fernández

A identificación de chamada nos móbiles combinada coa axenda de contactos do móbil nos permite saber quen nos chama por teléfono, pero cando a chamada vén dunha persoa que non temos fichada a cousa se complica, e temos que intentar descifrar o número que sae en pantalla para identificar o prefixo provincial e algún que outro número que nos poida dar pistas da localidade na que se orixina a comunicación, pero esta labor se está a simplificar no T-Mobile G1, xa que o sistema operativo móbil de Google, Android, integra na súa identificación de chamada a detección de localización, que funciona bastante ben con chamadas recibidas dende teléfonos fixos (a identificación de chamadas dende móbiles precisa mellorar).
Esta funcionalidade non vén de serie no Android, senón que se engade a través da aplicación Caller ID from WhitePages, que incluso identifica liñas telefónicas que non teñamos na nosa axenda valéndose das Páxinas Brancas (das que achega o nome do titular e o enderezo) e mesmo nos permite situar a orixe da chamada no mapa, no que é un excelente exemplo das posibilidades que ten un móbil conectado á Internet.


Exemplo de uso de Caller ID from WhitePages

PUBLICIDADE