Unha aplicación catalá converte o iPad nun piano de xoguete

luns, 26 de maio do 2014 Marcus Fernández

Pensando en amenizar a cativos de ata 10 anos, o barcelonés Daniel Llamas Soto estreou este mes na App Store a aplicación para iPad My Little Piano!, que emula un dos típicos pianos de xoguete con teclas de distintas cores e a posibilidade de interpretar melodías con multitude de instrumentos e sons. Podemos ter así un sinxelo piano virtual que tamén pode soar coma unha guitarra clásica, un xilófono ou unha caixa de sons de animais, debuxos animados ou transportes. Incluso pode imitar a un sintetizador (co estilo sonoro dos videoxogos de 8 bits). Tamén inclúe 4 ritmos cíclicos que poden irse reproducindo ao tempo que se experimenta co teclado.
Esta divertida aplicación para cativos pode adquirirse por 0,89 euros e non inclúe ningún tipo de cargo oculto (para tranquilidade dos pais). Podemos vela en acción no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE