Un xornada de traballo profundará no proxecto CloudPYME

mércores, 14 de outubro do 2015 Redacción

Centos de persoas xuntáronse no CNTG para celebrar os vinte anos dos CESGAO proxecto CloudPYME (desenvolvido polo Centro de Supercomputación de Galicia co impulso da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o centro tecnolóxico galego AIMEN e os portugueses AIMMAP e CATIM) ten posto ao dispor das pequenas e medianas empresas de Galicia e Norte de Portugal modelos meteorolóxicos deseñados a medida para cada porto, traballos de secuenciación do xenoma humano ou software elaborado para o sector do mercado de capitais. Proxectos deste tipo benefícianse da grande capacidade de cálculo do CESGA, que permite completar en prazos reducidos tarefas nas que se multiplicaría varias veces o tempo de procesamento de datos se houbera que realizalas con ordenadores convencionais.
Javier García Tobío, actual director do CESGA, conduciu o acto desta tardeMañá xoves, máis dunha ducia das empresas participantes explicarán a partir das 10:00 horas as súas liñas de traballo no compostelán Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), nunha xornada que abrirán , a directora da Área de Centros da Axencia Galega de Innovación, Sonia Pazos Álvarez e o director do CESGA, Javier García Tobío.
Hai que salientar que seis das firmas asistentes á xornada de traballo xorden de proxectos de investigación desenvolvidos nas universidades de Santiago, A Coruña e Vigo para explotar empresarialmente os resultados obtidos. O desenvolvemento de software especializado para distintos sectores, a secuenciación de xenoma humano para realizar diagnósticos médicos, a consultoría en enxeñaría ou a gravación en formatos audiovisuais de contidos educativos son algúns dos ámbitos nos que operan.
A segunda parte da xornada, tras as presentacións das empresas, consistirá nunha sesión de traballo na que representantes das propias compañías debaterán sobre as súas necesidades futuras nos ámbitos da computación de altas prestacións (HPC) e da análise de grandes volumes de datos (Big Data), que serán clave para estas e outras firmas innovadoras poidan ser competitivas nun mercado global.

PUBLICIDADE