Un webminar de balde achegaranos á reputación en liña

luns, 21 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Ruth Ríos, de Verbung Comunicación, será a encargada en impartir esta actividade formativa

Os interesados en profundar na reputación en liña, nese rastro que cadaquén (tanto individual como empresa) deixa na Internet, o vindeiro venres entre as 10:30 e as 11:30 horas desenvolverase un seminario en liña de balde baixo o título de Esto Se Mueve: Cuida Tu Reputación Online, impartido por Ruth Ríos, directora de Verbung Comunicación, quen exporá as ideas básicas para construír unha boa reputación en liña e trucos para coñecer o que se di de un na Internet.
A reputación en liña é algo a ter moi en conta na situación actual, especialmente de cara a entrevistas de traballo, pois a pegada que deixemos na Rede pode influír en que un recrutador nos convoque a unha entrevista de traballo o nos elixan para un posto desexado.
Para poder participar desta actividade só é preciso inscribirse previamente a través do formulario en liña correspondente.

PUBLICIDADE