Un vídeo amosa cómo é a instalación da TDT SAT

luns, 21 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Claudio Hernández deu conta no seu blog nos pasados días dun vídeo que atopou en YouTube que pode ser de interese para moitos galegos que viven en zonas nas que, pese ás medidas que estanse a tomar durante os últimos meses, van quedar fóra da cobertura da Televisión Dixital Terrestre, xa que nesa peza audiovisual podemos ver coma un instalador coloca unha antena parabólica e un receptor de satélite, ambos da marca galega Televés, que permite a recepción da chamada TDT SAT, solución que ofrece as canles televisivas terrestres a través do satélite para universalizar a recepción da televisión en España pese ao apagamento analóxico.
Velaquí o curioso vídeo que amosa o sinxelo que resulta a TDT SAT para os fogares aos que non chegue a TDT:

PUBLICIDADE