Un verme infecta a uns 9 millóns de equipos nos últimos dÃas
martes, 20 de xaneiro do 2009
- Ramón ilustrou na súa tira para El PaÃs a chegada deste novo verme informático
Nos últimos dÃas
un verme informático coñecido polos nomes de Downadup,
Conficker e Kido, que aproveita unha vulnerabilidade de Windows corrixida
o pasado mes de outubro, está a ter un rápido espallamento global, estimándose
que hai uns 9 millóns de equipos infectados, que estarÃan expostos a
outros programas maliciosos ou a formar parte dunha rede de equipos zombi, polo que se recomenda que os
afectados actualicen o seus sistema operativo e actualicen a súa aplicación
anti-virus, aÃnda que tamén existen parches
especÃficos para eliminar este verme.
Hai que destacar que parte do éxito de propagación de Downadup
vén do feito de que se espalla de distintos xeitos, pois tanto pode aproveitar
a vulnerabilidade de Windows a través dunha solicitude RPC que pode chegar da
Internet, a través de cartafoles compartidos doutros equipos na mesma rede
local e incluso a través de memorias USB.
A meirande parte dos equipos infectados estarÃan
en paÃses coma Brasil, Rusia, China e India, o que poderÃa indicar
que nesas partes do mundo é máis habitual ter equipos informáticos sen as
pertinentes actualizacións de seguridade instaladas por contar con copias piratas, pois un equipo ao dÃa e cun anti-virus actualizado
estarÃa seguro ante este tipo de ameaza de seguridade que nunca terÃa que terse
propagado con tanta velocidade e eficiencia.