Un proxecto facilita o uso de Google Glass coa mente

xoves, 10 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Aínda eu estamos afeitos a ver como os prototipos de Google Glass poden controlarse mediante un dedo ou con ordes de voz, un estudio londiniense desenvolveu a aplicación MindRDR que, baseándose nun biosensor EEG de Neurosky, o que permite empregar as ondas cerebrais como sistema de control. A aplicación traduce as ondas cerebrais nun medidor de concentración que aparecería durante a vista de cámara de Google Glass, de xeito que cando o indicador subise, a cámara dispararía unha fotografía e, de volver dispararse a concentración, o sistema podería compartir a fotografía tomada a través de Twitter, sen ter que mediar ningunha orde de voz en todo o proceso.
This Place continúa a traballar neste curioso experimento do que incluso comparten o código fonte, e aínda que polo momento non buscan que disto saia ningún produto comercial, estarían a explorar a posibilidade de empregar novas interfaces de uso de cara ao futuro, especialmente nas tecnoloxías que levemos enriba.


MindRDR é a primeira aplicación que xunta a lectura de ondas cerebrais con Google Glass

PUBLICIDADE