Un problema técnico dos dominios .es deixa fóra de liña durante horas a milleiros de páxinas web

venres, 8 de xuño do 2018 Marcus Fernández

Milleiros de páxinas web españolas permanecen inaccesibles esta mañá, e non é un problema das empresas que administran a súa hospedaxe, senón que o problema radica no sistema de dominios .es, que por unha neglixencia dos xestores do dominio (que depende de Red.es), que aínda que xa anunciaron ter solucionado e revisado o erro na sinatura da zona de DNS afectada, iso non fai que os usuarios finais poidan ter as súas páxinas web accesibles, xa que o sistema de nomes de dominios ten uns tempos de propagación moi lentes, o que provoca que numerosos sitios vaian estar a escuras durante até 8 horas, o que practicamente é perder unha xornada completa.
Actualmente hai 1,9 millóns de dominios .es rexistrados, sendo un dos dominios de primeiro nivel preferidos para o comercio electrónico, de aí que o fallo na resolución de DNS sexa un problema moi grave, xa que provoca grandes perdas económicas para establecementos comerciais en liña que deixan de estar dispoñibles para os seus clientes durante horas, coa potencial perda de vendas, afectando tamén a moitas compañías que teñan na Rede as súas ferramentas de traballo.

PUBLICIDADE