Un pontevedrés crea uns AirPods de ouro de 18 quilates
luns, 2 de setembro do 2019
O pontevedrés Pablo
Cimadevila, parapléxico dende os 4 anos de idade, medallista paralÃmpico en
natación e fundador de Cimadevila Design, S.L., empresa de xoiarÃa que protagonizou
o docu-reality televisivo 24
Kilates, está a conseguir unha grande proxección internacional grazas a
unha das últimas creacións plasmada en vÃdeo: os Airgolds.
Cimadevila gravou un
vÃdeo no que podÃa verse como colleu uns AirPods de Apple, desmontounos
coidadosamente e replicou e súa carcasa en ouro de 18 quilates, converténdoos
nuns Airgolds. Esta traballo artesanal chamou a atención de máis de 10 millóns
de espectadores en YouTube e acumulou máis de 1,2 millóns de reproducións en
Facebook, deixando claro tanto o interese do público por un traballo tan
coidadoso como pola existencia duns AirPods de ouro que, ao non ser un produto
oficial, non están á venda, para frustración de moitos individuos dispostos a
pagar por un accesorio que podemos definir como único.
VÃdeo no que pode verse o coidado traballo de Pablo Cimadevila