Un peixe betta fai de mascota do Windows 7 Beta

mércores, 14 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Os fondos de escritorio que veñen por defecto nos sistemas operativos son unha das características que mellor os identifican, polo que se vemos un prado que parece sacado do mundo dos Teletubbies pensamos directamente que estamos diante dun equipo con Windows XP, e este elemento tamén é aproveitado pola versión de proba do Windows 7, que presenta no seu escritorio un peixe loitador do Siam, tamén coñecido coma betta splendens ou simplemente betta, o que fixo especial graza aos afeccionados aos peixes. Que un peixe betta ocupe o escritorio do Windows 7 Beta é un detalle simpático que aparte de servir como anécdota diferenciará moi ben a versión de proba da súa versión final, na que descoñecemos se os enxeñeiros de Microsoft volverán a colar algunha curiosidade.

PUBLICIDADE