Un novo programa de educación financeira para a mocidade céntrase na ciberseguridade

martes, 10 de xaneiro do 2023 Redacción

Para o alumnado de ESO e FP Básica, Media e Superior veñen de lanzar un novo programa de educación financeira, titulado Pon o teu diñeiro a salvo, que ten como obxectivo dotar ás novas xeracións de competencias dixitais que lles permitan facer fronte á ciberdelincuencia.
Esta proposta formativa contribuirá a que os novos estudantes adquiran os coñecementos necesarios para poder utilizar dun modo seguro, crítico e responsable as tecnoloxías dixitais, incluíndo especificamente contidos relacionados coa ciberseguridade.
A través dunha historia de ficción protagonizada polo Comisario Bermúdez, e cun enfoque inmersivo e gamificado, os alumnos e alumnas participantes convértense en axentes especializados en ciberseguridade que deben solucionar unha serie de casos. Esta formulación permítelles aprender dunha maneira entretida a detectar os riscos, ameazas e estafas máis comúns da contorna en liña, mentres adquiren coñecementos de educación financeira e seguridade dixital centrados en ámbitos aos que poden enfrontarse de maneira habitual, como poden ser as redes sociais, apps maliciosas, trading, criptomonedas ou NFT.
A actividade, que ten carácter gratuíto, está exposta para desenvolverse en dúas sesións. Os docentes poden inscribir os seus estudantes vía web. Unha vez realizada a inscrición, o profesorado recibirá todos os materiais e recursos necesarios para traballar estas temáticas dun modo flexible e adaptado á programación do curso.

PUBLICIDADE