Un novo fallo de seguridade leva a adiantar o peche de Google+

martes, 11 de decembro do 2018 Marcus Fernández

En outubro Google anunciou que tras detectar importantes fallos de seguridade en Google+, que deixaban expostos datos dos usuarios, decidiron botar o peche de Google+ para os consumidores a finais de agosto de 2019, pero o abandono desta plataforma por parte de Google afecta directamente á súa seguridade, como vén de demostrar o feito de que atopasen novos fallos de seguridade que aseguran que non foron explotados activamente, pero que instan a acelerar o peque de Google+, que está agora fixado para abril de 2019.
Tras investigar os últimos problemas de seguridade na API de Google+ conclúen que o fallo impactou aproximadamente a 52,5 millóns de usuarios, aos que podería ser posible acceder á información do seu perfil (nome, correo electrónico, emprego e idade) aínda que estivese marcada como privada e mesmo sería posible compartir tal información sen permiso. Dende Google comprobaron se o fallo foi aproveitado por aplicacións de terceiros e concluíron que non foi así, polo que os usuarios podería estar tranquilos, aínda que Google está a comunicar aos potenciais afectados do incidente.

PUBLICIDADE