Un libro solidario recolle as anécdotas do número de información telefónica 11811

luns, 20 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Os servizos de atención telefónica son unha mina de ouro para recoller anécdotas graciosas, e aproveitando este feito dende o 11811 lanzaron un libro titulado ¿Me pone con el cielo? editado en colaboración coa Fundación Gomaespuma para captar fondos para un proxecto de radio local en Nicaragua que protexe os dereitos da muller e dos nenos.
O texto elaborouse a partir dun concurso entre 400 empregados do 11811, e recolle máis de 700 anécdotas, vendéndose a 15,9 euros (dos que o 10% vai destinado á mencionada causa solidaria) en grandes superficies ou a través da web da Casa del Libro.
As historias recollidas no texto resultan abraiantes, pois van dende as confusións de nomes (Rianes por Ryanair, ONU por ONO…) ata xente que pregunta polo número de teléfono do 112 (ou doutros números auto-referentes). Tampouco faltan persoas que piden cousas imposibles (ou case), coma o número de teléfono do ceo para «arranxar contas con deus», que lle pasen co presidente do Goberno ou con algún personaxe famoso.


Presentación do libro do 11811 editado en colaboración coa Fundación Gomaespuma

PUBLICIDADE