Un grupo funerario facilita a achega de pésames a través da Internet

luns, 28 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Na nova web publican esquelas e un formulario baixos as mesmas facilita o envío do pésame aos familiares do falecido

O Grupo Bergantiños, que conta con 8 tanatorios na Costa da Morte, dá un decidido paso na Internet ao estrear unha páxina web na que publican os seus servizos funerarios e dende a que permite remitir condolencias ás familias dos falecidos a través da Rede, así coma tamén inclúen información sobre a localización de cadanseu tanatorio para que as persoas que poidan achegarse aos mesmos saiban coma chegar alí valéndose da tecnoloxía de Google Maps.
A páxina web tamén permite acceder ao catálogo de Pedidos Florais, para ver os prezos dos distintos ramos e coroas, aínda que a principal utilidade deste novo espazo será o achegar información actualizada sobre os servizos que se prestan nos tanatorios deste importante grupo funerario.

8 tanatorios conforman o Grupo Bergantiños

A web do Grupo Bergantiños inclúe informacións detallada sobre cada tanatorio, facilitando a súa localización a través de Google Maps

PUBLICIDADE