Un grupo de mulleres da compostelá rúa das Hortas gaña o concurso A Polo Ghit

luns, 20 de agosto do 2007 Marcus Fernández

A Polo Ghit buscaba en 2006 o grande éxito musical do verán galego, nunha iniciativa de moito éxito que rematou nunha gala televisada na que se puideron ver ós artistas máis destacados de tal convocatoria. Este ano, a Radio Galega e Vieiros volveron a repetir a experiencia este ano, e sorprendeu o éxito acadado por un grupo de mulleres compostelás alleas á profesión musical, Sacha na Horta, que co seu Biocultivos se fixeron co máximo galardón deste concurso.
O xurado, composto por Luís Queimada, Vincent Jalo, María Yáñez e Xavier Campos, tivo que elixir entre 10 finalistas, e as gañadoras desta edición poderán gravar un videoclip profesional na TVG e voarán a Cuba para participar na Feira do Libro da Habana en febreiro de 2008 coa delegación da Consellaría de Cultura e Deporte.
A clasificación final de A Polo Ghit foi a seguinte:
1ª Biocultivos, de Sacha na Horta
2ª O Son do Son, de Mordecans
3ª Pinguinha, de Amacuca
4ª Verbenero, d’’Os Forfiestas
5ª Bikos from Madeira, de Snatch
6ª Ti eres de aquí ou vicheches á festa, de Pandeiromus
7ª Mira como canta, de Pandeiromus
8ª Guachin in the sky, de Chupadeskay
9ª 8 que 80, de Kógito
10ª Tranquilo viejo, de Jabón Blue

PUBLICIDADE