Un gato supera o medio millón de seguidores en Twitter
luns, 18 de maio do 2009
- O gato sumou máis de 500.000 seguidores en 3 meses
Nas últimas semanas Twitter está a vivir o mellor momento da súa historia,
cun crecemento impresionante de usuarios, e con moitas estrelas que están a
subirse ao seu carro, o que eleva a súa popularidade, pero non todos son
grandes exemplos de éxito, senón que algunhas cousas rozan o máis absoluto
ridÃculo, coma o feito de que un
gato que responde ao nome de Sockington superase a barreira do medio millón de
seguidores en Twitter en apenas 3 meses.
Sockinton tamén conta con páxina web de seu, na que publican moita
información bastante irrelevante, pero que capta a atención de milleiros de
usuarios de todo o mundo. O dono do gato, Jason Scott, está a conseguir un éxito
realmente incrible, que ata o fan merecedor de entrevistas sobre o tema: