Un galego sitúase entre os finalistas do certame Master the Mainframe de IBM

xoves, 30 de xuño do 2016 Marcus Fernández

IBM seleccionou a 65 estudantes de entre os máis destacados de 26 países para competir por un posto na fase de Master the Mainframe, certame no que os estudantes teñen a posibilidade de adquirir experiencia e amosar a súas habilidades cos sistemas mainframe de IBM, unha arquitectura orientada aos procesos críticos de grandes empresas, e o gañador da edición española resultou ser Antonio Álvarez Rodríguez, un graduado en Enxeñaría en Informática pola Universidade da Coruña que actualmente cursa o Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (MUEI) na Facultade de Informática da Coruña, sendo elixido entre os 10 finalistas mundiais.
Antonio Álvarez naceu en Vigo en 1992 e actualmente vive, estuda e traballa entre a cidade olívica e A Coruña, e o vindeiro mes de setembro competirá en San Francisco na fase definitiva do certame internacional organizado por IBM.

PUBLICIDADE