Un galego presentará o Evento Blog España 09

mércores, 14 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Entre os días 13 e 15 de novembro celebrarase en Sevilla o Evento Blog España 2009, un evento de referencia no Estado que nesta edición optou por unha selección pública de presentadores, cunha moi boa acollida, e finalmente temos que o galego Víctor Grande e Cristina EBElina Domínguez serán os encargados de conducir este encontro de blogueiros e amantes da web participativa.
Víctor Grande defínese coma cómico (leva 8 anos facendo monólogos en locais públicos) e informático, está especialmente activo en distintas redes sociais (coma Facebook, Tuenti e Twitter), ten blog de seu, está involucrado no sector audiovisual a través da súa empresa Aira Dixital e leva 6 anos cun programa de radio local en A Coruña.
Cristina Domínguez, pola súa banda é actriz e licenciada en Comunicación Audiovisual, involucrada en ZEMOS98 e que será presentadora dun videoblog dedicado a novos emprendedores andaluces que verá a luz o mes que vén.
Agardemos que ambos fagan un excelente traballo, para que iniciativas coma este casting de presentadores calen e permitan así dinamizar eventos deste tipo antes da súa celebración.


Víctor Grande presentouse ao posto de presentador do EBE 09 a través dun divertido vídeo

PUBLICIDADE