Un ex presentador de O Tempo estrea páxina web meteorolóxica

luns, 9 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

Hai uns anos o presentador dos espazos meteorolóxicos de TVE, José Antonio Maldonado, sorprendeunos coa súa incorporación á páxina web Eltiempo.es, e a historia parece ter agora un eco galego, pois Carlos Fernández Balseiro, matemático reconvertido a meteorólogo que ata hai poucos días presentaba O Tempo na TVG, estrea a páxina web Otempo.es, na que recolle as súas previsións meteorolóxicas, aínda que está en fase de desenvolvemento e carece de contidos que irán incorporándose paulatinamente.
Otempo.es permite coñecer a situación actual do tempo, a predición para os vindeiros días e algunhas curiosidades meteorolóxicas, destacando por a posibilidade de solicitar predicións á carta mediante un formulario que recibirá resposta por correo electrónico e por contar cunha sección de eventos que polo momento busca axudar a saber a roupa que debe vestirse de cara a un encontro futbolístico.

Ata hai uns días Carlos F. Balseiro presentaba O Tempo na TVG

PUBLICIDADE