Un driver engade soporte multi-táctil a vellos trackpads

luns, 22 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Os ordenadores portátiles de Apple sorprenderan hai meses coa incorporación de tecnoloxía multi-táctil aos seus trackpads, de xeito que podían facerse xestos con varios dedos nos mesmos, o que finalmente parece ser máis unha cuestión de software que de hardware, coma pode comprobarse ao instalar no portátil PC o controlador Synaptics que publican directamente na páxina web de HP, e que incorpora os xestos multi-táctiles a moitos dos equipos que xa estaban no mercado e que non deberían de soportar tal tecnoloxía, o que agradecerán boa parte dos usuarios de ordenadores portátiles, que poderán desprazarse nunha fiestra con 2 dedos, entre outros xestos dispoñibles.

PUBLICIDADE