Un bookmarklet facilita a descarga de vídeos de YouTube

mércores, 23 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Youtubian incrusta en YouTube as ligazóns para descargar o vídeo que estamos a ver en distintos formatos

A descarga de vídeos de YouTube é unha posiblidade que moitos usuarios aproveitaban a través de engadidos para o seu navegador, pero agora está dispoñible un bookmarklet (pequena aplicación en javascript que execútase cando un selección o seu código en javascript na barra de favoritos do navegador, de xeito na web de YouTube aparecen as ligazóns correspondentes aos distintos formatos nos que está dispoñible o vídeo que estamos a reproducir (incluíndo a súa versión en alta definición) para facilitar a súa descarga con só premer sobre as ligazóns correspondentes.
Este interesante bookmarklet responde ao nome de Youtubian, e permite que os usuarios dos navegadores Firefox, Google Chrome, Safari e Opera poidan descargar a versión móbil (3GP), Flash (FLV) e MP4 de xeito moi doado, sen precisar da instalación de engadidos (o que en moitos casos non é posible).

PUBLICIDADE