Un ataque rouba datos de medio millón de contribuíntes e de milleiros de axentes de policía

venres, 11 de novembro do 2022 Redacción

O xuíz da Audiencia Nacional José Luis Calama abriu dilixencias previas para investigar o ciberataque ao Punto Neutro Xudicial, a rede de telecomunicacións que conecta aos órganos xudiciais con outras institucións do Estado e que se xestiona desde o Consello Xeral do Poder Xudicial e que foi detectado na segunda quincena do pasado mes de outubro.
O maxistrado acordou abrir esta investigación o 20 de outubro, por mor dunha denuncia interposta polo órgano de goberno dos xuíces na que advertía do ciberataque, que podería afectar a datos persoais de contribuíntes depositados nas bases de datos da Axencia Tributaria.
Os feitos denunciados poderían ser constitutivos dun delito contra alto organismo da nación e, sen prexuízo de ulterior cualificación, de delito de descubrimento e revelación de segredos dos artigos 197 bis e 201.2 do Código Penal.
Como primeira medida, o xuíz acordou o secreto das actuacións polo período dun mes e solicitar senllos informes á Axencia Tributaria e ao Centro Criptolóxico Nacional sobre o alcance dos feitos denunciados, aínda que están a transcender aos medios detalles como que teríanse roubado datos de medio millón de contribuíntes e incluso teríanse subtraído datos tan sensibles como o nome, DNI e enderezo de preto de 50 mil membros do Corpo Nacional de Policía.
Aseguran que non estamos ante unha fuga de datos masiva, senón que os ataques realizaban buscas de nomes concretos, persoas con perfil público, polo que podería haber consecuencias moi negativas deste ciberataque.

PUBLICIDADE