Un alacantino modifica a páxina web de Movistar en protesta por non contar con ADSL

luns, 1 de agosto do 2011 Marcus Fernández

A páxina web de Movistar amosaba a mensaxe de protesta esta mesma mañá

Os defacements ou modificacións de páxinas web aproveitando distintos fallos de seguridade son algo moi habitual, e que normalmente queda no ámbito do vandalismo, pero un veciño de Elxe (que responde ao nome de Juan Rodríguez) sorprendeu ao lograr inxectar na páxina web de Movistar unha sección chamada Súplicas de cobertura ADSL na que critica a situación de incomunicación que teñen que padecer moitos usuarios que non contan con liñas adaptadas convenientemente a conexións de banda larga.
Concretamente o usuario indignado asegura que pese a vivir a 6 quilómetros do casco urbano da terceira cidade máis poboada ca Comunidade Valenciana, ten conexións que apenas 4 Kbytes/seg. Rodríguez culpa a Movistar de non actualizar a tecnoloxía da súa liña, de xeito que leva xa 7 anos soportando un modem de 56 Kbps que nin sequera vai a pleno rendemento, situación que o levou a protestar mediante un ataque XSS que permitiu facer visible a súa protesta na propia web da operadora.

PUBLICIDADE