Twitter retira os ovos das fotografÃas de perfil predeterminadas
venres, 31 de marzo do 2017
- Relación das fotografÃas de perfil predeterminadas empregadas por Twitter no pasado
Dende 2010, cando alguén creaba unha conta en Twitter a
fotografÃa do avatar que o representaba mentres non subise outra imaxe era a
dun ovo, como unha divertida referencia a os paxaros que aÃnda non saÃron do
seu ovo para chiar, pero estas imaxes están a ser un problema en si mesmo, xa
que a súa estética non casa ben co deseño actual de Twitter e percÃbense de
xeito negativo, xa que en moitos casos as contas que teñen un ovo como avatar
son robots ou persoas que crean
contas só para acosar a alguén, polo que non se molestan en personalizar a súa
conta.
Tamén comentan dende Twitter que hai usuarios que simplemente consideraron que
as imaxes dos ovos resultan graciosas, polo que non as mudaron, e precisamente
por iso, e para instar aos usuarios a empregar avatares que os represente dun
xeito máis persoal, veñen
de mudar a imaxe predeterminada das contas de Twitter, que será unha cabeza
cos seus ombros, que conseguen transmitir unha sensación tan neutra e impersoal
que confÃan en que inste aos usuarios a cargar no sistema unha imaxe que os
represente mellor.
A nova fotografÃa de perfil predeterminada busca ser xenérica, universal,
seria, intemporal, inclusiva e carente de marca, aÃnda que está por ver se este
cambio de deseño consegue animar aos usuarios a subir unha fotografÃa de perfil,
ou se o único que acontecerá é que a mala sona dos ovos transmÃtese a unha nova
imaxe.