Twitter renova a súa aplicación para Android

venres, 11 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Os usuarios de móbiles con Android veñen de recibir unha actualización á versión 2.0 da aplicación cliente de Twitter para a súa plataforma, que supón un importante redeseño da súa interface de usuario, que agora é máis sinxela e lixeira (máis propia do actual deseño web de Twitter) e incluso permite acceder a buscas e temas do día sen estar identificados coma usuarios.
A nova aplicación tamén incorporou a busca universal en Twitter, de xeito que podemos buscar tuiteos por termos, por proximidade xeográfica ou de xeito con nomes de usuario incluídos en tal termo.
Para poder instalar a nova versión desta aplicación é preciso contar con Android 2.1 ou superior.

A nova versión de Twitter para Android presenta un novo deseño

PUBLICIDADE