Twitter quere conquistar o televisor a través de novas aplicacións

mércores, 14 de setembro do 2016 Marcus Fernández

Así pode verse o baseball a través da nova aplicación de Twitter para Apple TV

Twitter sorprendeu hoxe anunciando novas aplicacións do seu servizo orientadas aos televisores, concretamente para Apple TV, Amazon Fire TV e Xbox One, para que os usuarios destes trebellos poidan gozar do mellor de Twitter en pantalla grande, xa que as novas aplicacións de balde permitirán seguir todas as retransmisións de vídeo en streaming realizadas en Twitter (incluíndo retransmisións deportivas e informativos) e outros contidos como os chíos máis relevantes ou os contidos máis populares en Vine e Periscope. Para ver os contidos da nova aplicación non será preciso ter conta de Twitter nin subscrición de televisión de pagamento.
Pero este anuncio ten unha cara B, pois resulta que este lanzamento conta con limitacións xeográficas, de xeito que, aínda que a aplicación para Apple TV estea dispoñible globalmente, no caso do Fire TV Stick limítase a EE.UU. e Reino Unido e na Xbox One a Australia, Brasil, Canadá, México, Reino Unido e EE.UU.

PUBLICIDADE