Twitter pretende adoptar oficialmente os retuiteos

venres, 14 de agosto do 2009 Marcus Fernández

En Twitter é habitual copiar e pegar anotacións publicadas por outros usuarios, o que coñécese vulgarmente coma retweet ou retuiteo, o que algunhas aplicacións cliente de Twitter permiten automatizar, e que en vista da súa popularidade decidiron integrar no servizo, de xeito que estarían a traballar na posibilidade de facilitar os retuiteos e facer un seguimento dos mesmos con apenas premer un botón.
Esta funcionalidade virá acompañada unha nova API, de xeito que as aplicacións que acceden a Twitter poderán contar con novas funcionalidades, seguindo así unha liña semellante ao que acontece actualmente coas respostas nesta plataforma.

PUBLICIDADE