Twitter prepara unha función para gardar chíos de interese

martes, 10 de outubro do 2017 Marcus Fernández

Unha das funcións básicas de Twitter foi sempre a posibilidade de marcar contidos publicados como favoritos, o que pouco a pouco desvirtuouse, de xeito que rematou transformándose nun gústame (pasouse da icona da estrea á icona do corazón), de xeito que para algúns usuarios deixou de existir un xeito efectivo de conservar chíos para a súa consulta posterior, e para atender a esta demanda un dos responsables de desenvolvemento de Twitter vén de dar conta do desenvolvemento dunha función de gardar para despois, ou sexa, da recuperación dos favoritos, aínda que desta volta a función sería privada, de xeito que os marcadores persoais dos usuarios non serían visibles para terceiros, á vez que o resto de usuarios tampouco recibiría notificacións ou avisos de ningún tipo cando un contido se garde para despois.
Polo momento amosaron un prototipo do que sería a nova función de Twitter, que presentaría os marcadores/favoritos de cada usuario a xeito de listaxe na mesma liña de como acontece cos gústame, pero estando accesible a listaxe a través do menú lateral da aplicación, ao igual que acontece coas listaxes e os momentos.

PUBLICIDADE