Twitter prepara novas medidas contra o acoso
martes, 7 de febreiro do 2017
Pese a que Twitter é todo un referente global como servizo
de comunicación e información en tempo real, parece ter problemas moi serios de
cara a captar investimentos, en boa medida pola mala imaxe que están a
causarlle os casos de acoso que son todo un cancro para a plataforma, de aà que
estean a tomar medidas para frear os abusos, como a posibilidade de denunciar
chÃos que poidan considerarse abusivos, e hoxe
anuncian novas medidas na mesma dirección, que buscan deter a creación de
novas contas abusivas, presentar resultados de busca máis seguros e deslizar
cara abaixo os chÃos potencialmente abusivos ou de baixa calidade.
Deste xeito Twitter está a tomar medidas para identificar ás persoas que foron
expulsadas do servizo polos seus comportamentos abusivo, para que non poidan
volver crear contas e acosar a outras persoas; tamén filtrarán os resultados de
busca para que non amosen contidos que consideren sensibles ou que pertenzan a
contas bloqueadas; e finalmente quitarán prioridade aos contidos que teñan
pouca calidade ou poidan resultar abusivos, situando de xeito destacado as
conversas máis relevantes.
Estes cambios iranse aplicando nas vindeiras semanas, e procuran converter a
Twitter nun espazo máis seguro na Internet.