Twitter podería integrar un botón de compra nas súas aplicacións móbiles

martes, 1 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Twitter continúa a explorar xeito de captar financiamento para a súa compañía, de aí que experimento con novos modelos publicitarios e, nas últimas horas, detectouse tamén que están a traballar na integración de sistemas de venda nas súas aplicacións móbiles segundo comentan dende Re/code, onde aseguran ter visto un botón de Compra agora dentro da aplicación móbil de Twitter que, aínda que polo momento non funcionaría, dá a entender que podería levar a iniciar un proceso de compra, polo que é de agardar que nas vindeiras semanas poidamos ver como Twitter incorpora unha plataforma de comercio electrónico que podería ter un grande atractivo por reducir o número de pasos para converter a divulgación dunha oferta nunha compra.
Nos últimos meses Twitter xa incorporou funcionalidades como poder engadir produtos na cesta da compra de Amazon a través de chíos, polo que non sería de sorprender unha evolución do sistema para facilitar a realización de vendas de produtos ou, por exemplo, a compra de entradas para eventos (non esquezamos que Twitter contratou ao anterior director xeral de Ticketmaster, Nathan Hubbard, o pasado verán).

PUBLICIDADE