Twitter permitirá facer uso da xeolocalización

luns, 24 de agosto do 2009 Marcus Fernández

O microblogging está en emerxencia, pero dende Twitter queren mellorar a súa plataforma social na que a xente intercambia mensaxes de 140 carácteres engadindo soporte de xeolocalización a través de novas API, o que permitirá que no futuro poidamos filtrar tuiteos segundo a súa procedencia, o que resulta de inestimable axuda á hora de achegar información de máxima actualidade dende o cerne da noticia (coma tras un terremoto ou durante unha festa), ou simplemente para limitarse a consultar comentarios de índole local (podendo seguir os comentarios feitos dende un barrio ou cidade).
Inicialmente esta prestación chegará aos programadores que desenvolven aplicacións que fan uso de Twitter (resultando especialmente relevante en contornos móbiles), e posteriormente adoptarase na páxina web de Twitter, aínda que os usuarios sempre poderán decidir se queren estar ou non localizados cando tuiteen.

PUBLICIDADE