Twitter finalmente permite a publicación de imaxes (sen empregar servizos externos)

mércores, 10 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Twitter leva tempo valéndose de servizos como Twitpic para facilitar a publicación de fotografías na súa plataforma baseada no texto, pero finalmente deron o paso de facilitar a carga de imaxes directamente nos tuiteos, de xeito que a compañía encargarase directamente de hospedar as fotografías a compartir na súa rede.
Para acceder a esta funcionalidade chega con premer na icona da cámara fotográfica que aparece no formulario de entrada de texto da súa versión web, estando en breve tamén dispoñible esta funcionalidade nas distintas aplicacións cliente de Twitter, tanto de escritorio como móbiles, sendo este último ámbito no que realmente gaña importancia a publicación de imaxes.

PUBLICIDADE