Twitter engade filtros de imaxe ás súas aplicacións móbiles
luns, 10 de decembro do 2012
Durante a pasada fin de semana causou certo rebumbio que Instagram
desactivase a súa integración con Twitter de xeito que nas publicacións da
plataforma creada por Mark Zuckerberg xa non se ven as imaxes captadas pola
popular ferramenta fotográfica móbil, e finalmente temos a reacción de Twitter,
que é a incorporación
de filtros de imaxe nas aplicacións para Android e iPhone de Twitter grazas á
colaboración de Aviary, compañÃa que achega os filtros e efectos.
Neste momento as aplicacións móbiles de Twitter inclúen 8 filtros de imaxe,
opcións de recorte e un axuste automático de brillo e contraste para mellorar
as nosas instantáneas con só premer sobre unha icona que presenta unha variña
máxica.
Podemos ver o funcionamento desta nova posibilidade das aplicacións móbiles de
Twitter no seguinte vÃdeo: