Tvienes.com permite organizar eventos a través da web ou do móbil

luns, 28 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

A consultora The Cocktail desenvolveu unha nova mashup, Tvienes, baseada na API de Open Movilforum, e que serve para organizar encontros con amigos mediante mensaxes ó móbil ou por correo electrónico.
O sistema se sincroniza coa axenda de contactos do móbil combinada con Google (para os contactos de Gmail e o servizo de Mapas), estando o seu código dispoñible para a súa descarga.
Este servizo de balde resulta cómodo para convidar a amigos a quedar nun momento determinado, publicándose os detalles sobre cada encontro na web, o que parece unha funcionalidade atractiva para os que queren tirar un proveito social ás ferramentas que achegan as TIC.

PUBLICIDADE