Turismo estrea un buscador das festas de verán en Galicia

martes, 5 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Rubén Lois, director xeral de Turismo da Consellería de Innovación e Industria, e Xesús Pereira, director-xerente de Turgalicia, presentaron en Santiago de Compostela dúas novas publicacións informativas turísticas que inclúen os principais acontecementos lúdicos previstos para o verán nos concellos galegos e unha relación dos principais servizos turísticos do territorio galego.
A publicación Verán de Lecer, da que se tiraron 3.000 exemplares para a súa distribución en oficinas de Turismo e outros centros informativos inclúe toda a información achegada polos 315 concellos de Galicia relativa ós acontecementos de lecer estivais, que tamén se pode consultar a través da Internet mediante un buscador que permite localizar celebracións de todo tipo por localidade, datas ou palabras chave.

PUBLICIDADE