Tuenti renova a súa aparencia

xoves, 25 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

A plataforma de redes sociais líder entre a mocidade española, Tuenti, continúa a incorporar melloras, o que hoxe traduciuse nun cambio da súa aparencia visual que persegue simplificar o uso e a navegación.
Aparte de reducir o ruído, a renovación da aparencia de Tuenti tamén dá unha maior importancia aos contidos en vídeo, as fotografías e o servizo de chat, apuntando ás tendencias desta plataforma no que resta de ano.
O cambio de interface incluso notouse no logotipo do servizo, que cambiou lixeiramente. Para a primavera están previstos outros cambios coma a incorporación de grupos (algo xa presente noutras plataformas coma Facebook ou Google Buzz).

PUBLICIDADE