Tuenti permite verificar a identidade dos seus clientes mediante DNIe

luns, 16 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

Aínda que en España xa haxa en circulación máis de 25 millóns de DNI electrónicos, poucos son os usos que aínda permite, e para avanzar neste ámbito Sebastián Muriel anuncia Tuenti converteuse na primeira plataforma de redes sociais en implantar a verificación de identidade a través do DNIe grazas á tecnoloxía desenvolvida por Tractis, que permite que os clientes de telefonía móbil de prepagamento de Tuenti poidan verificar a súa identidade en liña para activar a súa tarxeta SIM.
Aínda que polo momento o servizo vai dirixido ao OMV de Tuenti, dende a compañía aseguran que poderían ampliar o uso do DNIe a outros dos seus servizos no futuro.

PUBLICIDADE