Tuenti estrea oficialmente chats de grupo

luns, 25 de xuño do 2012 Marcus Fernández

A plataforma social española Tuenti estreou hoxe oficialmente e de xeito progresivo entre os seus usuarios a funcionalidade de chat de grupo despois de varias semanas en probas entre un grupo elixido de usuario. Con esta nova prestación será posible manter conversas de chat en grupos de ata 14 usuarios en total, podendo todos os participantes convidar a outros e sendo o creador do chat o que pode mudar o nome da conversa ou engadir un novo avatar.
Agardan que esta nova funcionalidade teña unha acollida semellante ao Chat, que conta con ata 400 millóns de mensaxes ao día, e tamén apostará pola multiplataforma de comunicación privada e segura para que cada quen decida como comunicarse cos seus achegados.

PUBLICIDADE