Tuenti estrea estatexia local con Tuenti Sitios
xoves, 25 de marzo do 2010
A rede social de máis éxito
entre a mocidade española, Tuenti, vén de dar un interesante paso na súa
estratexia local, estreando
Tuenti Sitios, un novo xeito de compartir impresións sobre locais de
lecer en toda España que poderÃa converterse nunha guÃa de referencia que
estréase con máis de 3.000 lugares (restaurantes, bares, discotecas, cafeterÃas…)
cun espazo en Tuenti de seu no que os usuarios poden compartir fotografÃas,
escribir recensións e consultar, mediante mapas dinámicos, os demais sitios
próximos aos seus locais favoritos.
Esta nova funcionalidade permitirá que os usuarios de Tuenti non só poidan
opinar sobre os seus locais favoritos ou etiquetar fotografÃas das súas festas
e xuntanzas, senón tamén compartir cos seus amigos recomendacións de lecer, no
que dá a impresión de que estamos nunha das meirandes novidades orixinais por parte de Tuenti, que
incluso poderÃa ser replicada por Facebook (cando normalmente acontece xusto o
contrario, e é Tuenti o que ten que inspirarse na plataforma creada pro Mark
Zuckerberg).