Tuenti estrea aplicación para o iPhone e en galego

xoves, 21 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

A aplicación de Tuenti para o iPhone conta con interface en galego

Os usuarios da plataforma de redes sociais Tuenti despediron o 2009 cunha aplicación oficial deste servizo para os móbiles co sistema operativo Android, e hoxe mesmo aparece na App Store a súa versión para iPhone e iPod Touch, que pódese descargar de balde, e permite consultar as actualizacións dos nosos amigos, actualizar o noso perfil con comentarios e fotografías, remitir mensaxe a outros usuarios, acceder ao taboleiro dos amigos (así como as súas fotografías e datos de contacto, de xeito que incluso ofrécese a posibilidade de chamalos por teléfono con só premer un botón) e, coma tamén acontecía coa aplicación para Android, está dispoñible a posibilidade de chatear en tempo real, avanzando así o xeito no que os usuarios de Tuenti poden interactuar, liberándose dos escritorios informáticos e levando a súa actividade na Rede a calquera lugar onde leven o seu móbil.
Podemos destacar o feito de que dende Tuenti preocupáronse que a nova aplicación estea dispoñible en español, inglés, catalán, éuscaro e galego, así como tamén a probaron durante semanas con usuarios reais para adaptarse ás súas esixencias, creando así unha ferramenta cómoda, áxil e útil, que mellorará en sucesivas versións.

PUBLICIDADE