Tuenti estrea aplicación para Firefox OS

xoves, 30 de maio do 2013 Marcus Fernández

Aínda que ata o verán non veremos os primeiros móbiles destinados ao público xeral con Firefox OS, o sistema operativo móbil de Mozilla xa leva un tempo en marcha, con terminais destinados a desenvolvedores e unha tenda electrónica de aplicacións para ir alimentando esta plataforma para que comece con bo pé, e unha das compañías que vén de depositar na mesma a súa confianza é Tuenti, que estrea aplicación oficial, baseada na versión móbil da súa páxina web (utilizada actualmente por 1,5 millóns de usuarios de xeito habitual) e con funcionalidades como o calendario de aniversarios e eventos, feed, fotografías dos amigos e mensaxes privadas.
Dende Tuenti afirman que a nova aplicación para Firefox OS é totalmente privada e segura, pois a información que circula dun dispositivo a outro vai encriptada. Tamén prometen ir integrando novas funcionalidades nesta nova aplicación móbil.

PUBLICIDADE