Tuenti estrea aplicación para BlackBerry 10

martes, 7 de maio do 2013 Marcus Fernández

O sistema operativo BlackBerry 10, presente polo momento nos smartphones Z10 e Q10, estrea estes días a aplicación oficial de Tuenti, de xeito que os usuarios desta plataforma social xa poden chatear en grupo, ver álbums de fotos e incluso contan coa novidade de poder aplicar filtros para retocar as imaxes que comparten nos seus Momentos (con efectos como pór as imaxes en sepia, branco e negro, pixeladas...). Outra das vantaxes do Tuenti Social Messenger para BlackBerry 10 é que está integrado con BlackBerry Messenger, de xeito que cun único clic os usuarios poden actualizar o seu estado en Tuenti e en BBM.
A nova aplicación móbil tamén goza cun deseño visual na liña que está a seguir Tuenti nas últimas semanas, procurando unha navegación doada e unha boa experiencia de usuario, afondando na intención de Tuenti de consolidarse como plataforma de comunicación social de balde con funcións de mensaxería instantánea.

PUBLICIDADE